Aberto o prazo para participar no concurso de Teatro Infantil O FACHO.

O Facho , unha asociación que defende a lingua e a cultura galega e especialmente vencellada co teatro, ten convocado o Premio de Teatro Infantil 2024.

  • Para pezas dramáticas inéditas
  • Escritas en lingua galega.
  • Que estean destinadas a un público infantil.
  • Cunha extensión máxima de 80 folios
  • O premio ten unha dotación de 500 €
  • O prazo estará aberto ata o 16 de abril de 2024.