Xornadas GÁLIX – Desfacendo a raia

A vindeira semana temos o pracer de celebrar, un ano máis, o acto propio de GÁLIX.

Nesta ocasión, ofrecémosvos as Xornadas DESFACENDO A RAIA, que terán lugar o venres 25 e o sábado 26 de novembro de 2016.

Vealquí toda a información sobre o evento:

DESFACENDO A RAIALugar: Galería Sargadelos de Santiago de Compostela (Rúa Nova, 16) Data: Venres 25 de novembro e sábado 26 de novembro

Contidos das sesións:25/11/16Sesión de mañá 10:30 Recepción e inauguración por parte do presidente de GÁLIX, Xosé A. Perozo.

11:00 – 12:00 Sesión de Contacontos con Alicia López (escritora e creadora dos Obradoiros de escrita en Santiago de Compostela) Asistencia do alumnado do CEIP Monte dos Postes (Santiago de Compostela).

12:00 – 12:30 Pausa café

12:30 – 13:30 “A importancia de desfacer a raia”. Conferencia inaugural a cargo de Eli Ríos (escritora e crítica literaria de A Sega).

Sesión de tarde 16:30 – 18:00 “Desfacendo a raia na escola” (mesa redonda) Modera: Pilar Sampedro (docente) Rocío Candales (profesora de Infantil no CEIP Apóstolo Santiago-Santiago de Compostela) Valentina Formoso (profesora de Secundaria no IES Félix Muriel-Rianxo)

18:00 – 18:30 Pausa café

18:30 – 20:00 “Desfacendo a raia na escrita e na ilustración” (mesa redonda) Modera: Antía Marante (investigadora e crítica literaria) Ilustración: Joana Estrela (ilustradora), Xosé Cobas (ilustrador) Escrita: María Reimóndez (escritora), António José Gonçalves (escritor)

25/11/16Sesión única de mañá 10:30 – 12:00 “Desfacendo a raia na edición e na crítica” (mesa redonda) Modera: Montse Pena Presas (profesora USC) Editoras: Helena Pérez (Edicións Xerais), Benedita Barros (Máquina de voar Editora) Crítica: Carla Maia de Almeida (crítica literaria), Miguel Vázquez Freire (profesor e escritor)

12:00 – 12:30 Pausa café

12:30 – 13:30 Espectáculo musical con Uxía Senlle e Sérgio Tannus

13:30 – 14:00 Clausura

Non dubides en nos contactar se tes algunha pregunta.

Colaboran:OEPLI , Ministerio de Educación, Cultura e Deporte