A xunta directiva de GÁLIX decidiu por unanimidade nomear Socia de Honra 2019 a María Jesús Fernández Fernández , experta en Literatura Infantil e Xuvenil, mestra, crítica literaria e tradutora.
O galardón recoñece ás persoas que teñan destacado polo seu traballo a prol da Literatura Infantil e Xuvenil galega.
Chus Fernández é socia fundadora de GÁLIX onde ocupou os cargos de vogal e vicepresidenta. Colabora na revista CLIJ facendo as reseñas e artigos sobre a Literatura Infantil e Xuvenil galega. Colabora tamén coa Revista Galega de Educación , coa revista Peonza e con Platero . Mentras durou, colaborou tamén coa relembrada revista Fadamorgana. Forma parte do consello de redacción da revista Criaturas .
Foi coordinadora do Seminario Papeles de Literatura Infantil.
No ano 2004 recibiu o Premio Xerais á cooperación no labor editorial polo seu traballo como crítica literaria.
A entrega do galardón terá lugar o vindeiro venres, día 15 de novembro, ás 19:30 h . nun acto aberto ao público na librería Lume (A Coruña).
O ilustrador Xosé Cobas , amigo da homenaxeada e socio de GÁLIX, realizará a Laudatio.
O Presidente de GÁLIX, Xosé Antonio Perozo fará entrega da escultura, deseño de Noemí López, que acredita o seu nomeamento
Nas anteriores edicións recibiron esta mesma distinción Xavier Senín, David Otero, Xosé Neira Vilas, Agustín Fernández Paz, Fina Casalderrey, Xoán Babarro , Helena Villar Janeiro , Marifé Quesada e Paco Martín , Xabier P. Docampo.






