Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra

O Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra cumpre 20 anos! Nesta XX edición ten como tema base a Revolución , en sentido amplo e a cultura invitada a Lusofonía .Ademais do II PremioInternacional de Ilustración , o salón tamén acolle o II Congreso Internacional de Mediación Lectora : Revolución lectora! O martes, 2 de abril, no acto de h omenaxe a Antonio García Teijeiro , Premio Nacional de Literatura Infantil 2017 por “Poemar o mar”, farase a lectura do Manifesto IBBY do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil con Xavier Senín e David Otero , de Gálix.