O pasado sábado, 8 de xuño, déronse a coñecer os Premios Xerais do ano 2019, dotados con 10.000 euros cada un.
Rosa Aneiros é a gañadora do XXIV Premio Merlín de Literatura Infantil coa obra “Xelís, o guieiro das botellas de mar”. De entre as 28 obras presentadas, o xurado valorou o ser un texto de doada lectura, escrita nun galego de gran riqueza léxica; tamén o tema, centrado na crise ecolóxica e da contaminación do plástico; e destacou a excepcional construción dun universo propio, habitado por personaxes entre o fantástico e o real.
O XI Premio Jules Verne de Literatura Infantil foi para Emma Pedreira , membro da Plataforma de Crítica Feminista A Sega , pola obra titulada “Os corpos invisibles” que destacou entre as 20 presentadas polo seu firme feminismo e a orixinalidade no desenvolvemento da trama.
Máis información:
- https://www.sermosgaliza.gal/articulo/cultura/amador-castro-enma-pedreira-rosa-aneiros-ganadoras-xerais-2019/20190608133143080593.html
- https://axendacultural.aelg.gal/2019/06/10/amador-castro-emma-pedreira-e-rosa-aneiros-premios-xerais-2019/
- https://praza.gal/cultura/amador-castro-gana-o-premio-xerais-de-novela-e-rosa-aneiros-e-emma-pedreira-os-merlin-e-jules-verne
- https://www.elcorreogallego.es/tendencias/ecg/castro-pedreira-aneiros-fanse-cos-premios-xerais-2019/idEdicion-2019-06-09/idNoticia-1187709/
- https://www.europapress.es/galego/noticia-amador-castro-emma-pedreira-rosa-aneiros-fanse-cos-premios-xerais-2019-20190608172015.html






