Romaría dos Libros – 25 de xullo

Co gallo do noso día, mañá, o 25 de xullo as editoras e librarías de Compostela celebrarán a primeira Romaría dos Libros.

A partir das 11 da mañá, a Praza de Mazarelos de Santiago acollerá esta interesante iniciativa.

O programa inclúe moitas actividades lúdicas e musicais ao longo do día. Haberá, tamén, postos de venda de libros, unha zona de bar con terraza e un espazo para nenos e neas.

Velaquí máis datos do programa:

12:00 – Apertura de postos 14:00 – Sesión vermú literario-musical: Sira e o robot, adventures on Titan (Miguel Mosqueira e Mark Wiersma) 17:00 – Solta de libros (bookcrossing) pola cidade 18:00 – Express literario (micropresentacións e lecturas de microrrelatos) 19:00 – Combate de debuxantes 20:00 – Guilherme e Bastardo: presentación do libro-cd Veredevere ao vivo 21:00 – Libros que soan: A chave mestra (Ariel Ninas) Océano para terrícolas: contos do mar de Irlanda (Xurxo Souto) 22:00 – Feche

Máis información na súa páxina de Facebook aquí.