Velaquí as obras gañadoras nos III Premios Gala do Libro Galego, entregados a mediados de maio no Teatro Principal, en Santiago de Compostela.
Máis sobre a entrega de premios aquí / aquí / e aquí / Consulta aquí todas as obras e persoas finalistas.
OBRAS EDITADAS EN 2017
Infantil
– A señorita Bubble , de Ledicia Costas, ilustrado por Andrés Meixide (Edicións Xerais de Galicia).
O xurado valora o tratamento divertido, cun ritmo trepidante, da asociación entre a fantasía, a imaxinación e a creatividade, reivindicando o papel das nenas e das mulleres en relación á ciencia é á técnica.
Xuvenil
– Os nenos da varíola , de María Solar (Editorial Galaxia). O xurado considera a orixinalidade desta obra ao tratar un episodio practicamente descoñecido da nosa historia científica, cun amplo labor de documentación e rigorosidade, poñendo rostro a heroes anónimos.
Libro ilustrado
– Tinta de luz , ilustrado por Berta Cáccamo, de Xosé María Álvarez Cáccamo (Chan da Pólvora Editora). O xurado estima a capacidade desta obra para introducir o público infantil na arte contemporánea abstracta, e o diálogo establecido coa poesía.
Libro de banda deseñada
– Alter-Nativo , de Jorge Campos (Aira Editorial).
O xurado valora o espírito lúdico e a complexa e xogantina estrutura narrativa da obra, ao tempo que permite unha lectura múltiple e dinámica.
Iniciativa bibliográfica
– Colección Xerais Básicos Ciencia (Edicións Xerais de Galicia). O xurado considera a relevancia dun enfoque plural nesta colección, que revitaliza a lingua no ámbito científico-tecnolóxico.
Tradución
– Pippi Mediaslongas , de Astrid Lindgren, traducido por David A. Álvarez (Kalandraka Editora).
O xurado dá a benvida á tradución ao galego deste clásico universal, verquido directamente desde a lingua orixinal, transmitindo a frescura e a fluidez do texto da autora sueca.
Libro mellor editado
– Lumes, de Ismael Ramos (Apiario). O xurado considera a relevancia dun enfoque plural nesta colección, que revitaliza a lingua no ámbito científico-tecnolóxico.
PREMIOS ÁS TRAXECTORIASIniciativa cultural ou fomento da lectura
– Viñetas desde o Atlántico. O xurado recoñece o tesón na traxectoria de máis de vinte anos desta iniciativa, contribuíndo a popularizar a banda deseñada, e conectala coa cultura do país.
– Caderno da crítica , de Ramón Nicolás.
O xurado destaca a constancia no traballo deste espazo na rede, que permite seguir o panorama literario galego, achegando materiais orixinais.
Xornalismo cultural
– Ana Romaní O xurado destaca a súa incontestábel traxectoria de traballo de difusión da cultura desde o Diario Cultural da Radio Galega.
O xurado estivo formado por María Luz Corral, Mario Regueira, Marga do Val, Óscar Villán, Susana Sanchez Arins, Xavier Senín e Óscar Antón Pérez García .







