ROCÍO LEIRA E ANXO IGLESIAS, PREMIOS XERAIS LIXG 2022.

Xa sabemos as obras gañadoras dos Premios Xerais 2022.

Foto: Espazo de Lectura

De entre os 24 orixinais presentados á XXXVII edición do Premio Merlín de Literatura Infantil

o xurado

acordou outorgar o galardón ao libro de poemas “ Unha nova dimensión ” da autoría Anxo Iglesias na que o xurado destaca a libertade creativa dunha poesía entendida como xogo.

Foto: https://www.quepasanacosta.gal/A ceense Rocío Leira é a gañadora, por unanimidade, do XIV Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil

coa obra “ Cicuta para dous ”. De entre as 23 obras presentadas, o xurado (formado por Asunción Carballo, Gabri Fuentes, Araceli Collado, Adrián Gómez Ramos, Manuel Moledo e Ramón Domínguez Veiga -como secretario-) valorou a forza do argumento, a orixinalidade, o manexo da lingua e, sobre todo, o carisma dos personaxes nesta novela chea de intriga e humor.

O Premio Xerais de novela recaeu na xornalista e escritora María Solar pola obra A culpa, unha novela de intriga cun final perturbador.

Novas