O dedo e os monstros , de Francisco Antonio Vidal Blanco , é o a obra gañadora do Premio Anisia Miranda de Teatro para a Infancia , un galardón que ten o obxectivo de dar cobertura a unha carencia de certames de textos dramáticos para os nenos e nenas.
O autor, comprometido coa lingua e a cultura desde asociacións tales como a Agrupación Cultural O Facho, a Asociación Manuel Murguía e a asociación Polos Camiños,
colabora habitualmente na prensa, como etnógrafo e escritor, e ten publicada unha importante obra narrativa.
O vindeiro 25 de marzo farase entrega do galardón nun acto que se celebrará na Fundación Xosé Neira Vilas , en Gres (Vila de Cruces), ás 19.00 horas.
O xurado destacou a mestría da construción dramática e a habilidade na elaboración dos diálogos





