Agadic ( Axencia Galega de Industrias Culturais)
ten entre as súas funcións estimular a creación, avivar o talento e a capacitación e incitar ao recoñecemento social e económico de artistas e autores e autoras.
En consonancia cos seus obxectivos, co fin de incentivar a creación literaria no eido teatral, ven de convocar:
O XIII premio Manuel María de literatura dramática infantil :
A esta convocatoria poderán concorrer autores e autoras, maiores de idade que presenten:
- Obras teatrais orixinais e inéditas.
- Escritas en galego normativo.
- Dirixido a lectorado infantil.
- De temática libre
- De extensión adaptada á duración normal dun espectáculo deste xénero.
- O galardón terá unha dotación de 6.000 €.
- O prazo de admisión de orixinais remata o 30 de abril de 2024
O XVI premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques para público xuvenil.
A esta convocatoria poderán concorrer autores e autoras, maiores de idade que presenten:
- Textos para teatro de monicreques orixinais e inéditos.
- Escritas en galego normativo.
- Dirixido a lectorado xuvenil.
- De temática libre
- De extensión adaptada á duración normal dun espectáculo deste xénero.
- O galardón terá unha dotación de 6.000 €.
- O prazo de admisión de orixinais remata o 30 de abril de 2024
As autoras ou autores que gañaron a edición anterior non se poderán presentar ao mesmo premio e modalidade no que foron premiados.
Na mesma convocatoria inclúense o XXVII premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais o e o XVI premio Barriga Verde de obras de monicreques para persoas adultas.





