Por mor das circunstancias excepcionais que estamos a vivir, estes días temos pechadas as bibliotecas escolares, as bibliotecas públicas e as librerías.
Neste momento no que os nenos e nenas están nas casas coa súa familia, nós animámosvos a ler con eles poesía galega, que sexan os rapaces e rapazas as que vola lean e a que gravedes as súas lecturas.
Aproveitemos este tempo para ler poesía en galego en familia e, se queredes, participar no concurso de GÁLIX: ” Un poema na túa voz”, pois variamos as bases de maneira que ademais participar a través as bibliotecas escolares e públicas ou as librarías, tamén se poida facer a través das familias.
Velaquí a nosa proposta para pasar unha corentena en familia:
-
Se
tendes entre
6 e
14 anos
podedes participar
no concurso.
-
Escollede
un poema
tradicional ou
de autor.
-
Gravádeo
cun móbil ou
no ordenador (a
familia, se quere, pode
facervos os
efectos de son).
- Mandade
o
arquivo
a
galix@galix.org
Lembrade poñer os datos do poema!!
- Título.
-
Autoría;
ou tradicional,
popular, se non ten autora ou autor coñecido.
-
Libro
de poemas ao que pertence, se fora o caso.
-
Editorial,
se está publicado.
Datos da(s) persoa(s) lectora(s).
-
Nome
e apelidos:
-
Ano
de nacemento:
-
Curso
escolar:
IMPORTANTE!!!
Se concursades desde a casa poñede os datos da familia.
-
Nome
e apelidos dunha
persoa adulta
responsable
- Enderezo.
- Teléfono.
-
Correo
electrónico de contacto.
Acceso ás bases modificadas:
Axúdanos a difundir esta nova co portelo #Euficonacasa #Euleonacasa #concursoDILI





