Entregáronse este sábado os Premios Xerais nunha gala no Parador de Baiona na que se celebraba tamén 40 edición dos Premios Xerais ,
que contou coa asistencia de GÁLIX, representada polo seu presidente David Cortizo e polo tesoureiro Miguel A. Alonso Diz.
De entre os 23orixinaispresentados, o xurado acordou outorgar galardón doPremio Merlín de Literatura Infantil ao libro A botella de lentellas da autoría de Leticia Barbadillo, unha novela orixinal narrada cun estilo preciso e cun notable dominio léxico.
O xurado da XV edición do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil, declarou gañadora a obra Furia de María Reimóndez da que destacou a forza do argumento, o manexo da lingua e o carisma dos personaxes.
O Premio Xerais de Novela recaeu na obra Ninguén contará a verdade de Pedro Feijoo.





