LIX Rianxo: A Semana do Libro Infantil e Xuvenil de Rianxo

O Concello de Rianxo , a través da Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización, organiza a primeira edición de LIX Rianxo : A Semana do Libro Infantil e Xuvenil de Rianxo que se desenvolvera entre o 13 e o 19 de maio no Auditorio e na Biblioteca da vila.

Algunhas das actividades da programación de LIX Rianxo requiren inscrición previa .

Ao longo dunha semana persoas de todas as idades poderán disfrutar e profundar no coñecemento da Literatura Infantil e Xuvenil con actividades de teatro, cinema, animación, contacontos, encontros con autores.

Participarán no evento:

Talía Teatro , Polo correo do vento , Rilo&Penadique , Raquel Queizás , Xiada Sanlés , Isabel Risco , Brais Das Hortas , Lucía Aldao e María Lado , Diana Gonçalves , Kraken Academia Stop-motion Helena Villar Janeiro, Antonio García Teijeiro , María Solar , Víctor Rivas , Paula Carballeira Cabana , Eva Mejuto , Eli Rios .

Completará a semana o Roteiro de Apego con Anxo e Brais Moure.

E como peche contarán coa actuación de María Fumaça .

PROGRAMACIÓN

Facebook de LIX Rianxo

Vídeo das noticias no Canal Barbanza: http://www.canalbarbanza.com/WCBar/archivos/38064