Lembranza de Heidi Kühn-Bode

Finou o pasado mércores a filóloga, escritora e tradutora Heidi Hühn – Bode , nada en Alemaña e galega de adopción.

Esta muller polifacética, compañeira e socia de GÁLIX, aínda que dominaba varios idiomas, adoptou o galego como lingua literaria, traduciu autores galegos ao alemán e, como escritora de literatura infantil e xuvenil en galego publicou:

  • Fideliño
    o casteiro
    ,
    1991 Bruño
  • Os
    mundiños
    ,
    2003 Edicións do Castro.
    Premio
    Estornela de teatro infantil da Fundación Neira Vilas
  • Teatro
    para contistas. Xogos infantís no escenario
    , 2003 Baía
  • Falou
    un queixo
    , narrativa, 2009 Galaxia.
  • Tres
    mulleres do seu tempo
    , 2009 Baía.

Heidi Kühn-Bode fala de si neste documento da Videoteca AELG