Ledicia Costas, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil

Onte sóubose que o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil ía para Escarlatina, a cociñeira defunta, de Ledicia Costas .

Unha moi boa nova para a autora e a editorial Xerais , mais tamén para a nosa LIX, que conta xa con cinco títulos gañadores deste galardón.

O premio súmase aos moitos conseguidos por esta obra divertida, engaiolante, comezando polo Premio Merlín de Literatura Infantil 2014 , ademais do Premio Xosé Neira Vilas ao Mellor Libro Infantil e Xuvenil e o Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro Infantil e Mellor Portada de LIX ( Víctor Rivas ).

Parabéns, Ledicia!

Máis información:Ministerio de Educación, Cultura e DeporteBlog de XeraisRevista Criaturas