IV Premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta

A Fundación Xosé Neira Vilas acaba de convocar a cuarta edición do Premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta, dirixida a obras inéditas escritas en lingua galega e destinadas a un público infantil e xuvenil.

Esta convocatoria ten como obxectivos:

Impulsar a creación literaria en galego.

Fomentar a lectura en lingua galega.

Proporcionar obras de referencia de calidade ao público infantil e xuvenil.

  • As
    obras presentadas deben ter unha extensión entre 50 e 150 páxinas.
  • O
    prazo para presentar orixinais remata o día 11 de outubro de 2019.

As bases completas están dispoñibles na páxina da Fundación:

http://www.fundacionxoseneiravilas.com/portada.php