III PREMIO INTERNACIONAL DE ILUSTRACIÓN

GÁLIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil) en colaboración co Concello de Pontevedra veñen de convocar o III PREMIO INTERNACIONAL DE ILUSTRACIÓN. A presentación pública, celebrada en Pontevedra o pasado 5 de setembro, correu a cargo de Ana Luna Alonso, Secretaria de GÁLIX, e de Carmen Fouces, concelleira de Cultura de Pontevedra.

A ilustración gañadora será a imaxe da XXI edición do Salón do Libro de Pontevedra , que terá como tema central o humor.

Carmén Fouces, concelleira de Cultura, destacou “a importancia de facelo da man de GÁLIX , que co seu traballo e as súas canles de difusión, permite chegar a todas as latitudes do planeta dentro do proceso de internacionalización no que o Salón está inmerso.”

Pola súa vez Ana Luna manifestou o interese de GÁLIX na súa colaboración co Salón do libro de Pontevedra, tanto na convocatoria deste importante certame como na elaboración da bibliografía temática e na realización das actividades.

O concurso de ilustración está aberto á participación de calquera persoa maior de idade de calquera país, que pode presentar -separadamente- un máximo de dúas imaxes inéditas co tema do humor e en formato dixital, dirixidas á web: www.salondolibro.gal/ilustra

As ilustracións finalistas formarán parte da mostra e do Almanaque do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.

O prazo de presentación remata o 14 de outubro de 2019

Acceso ás bases