I Certame de Literatura Infantil e Xuvenil “Muíño do Vento”

A Asociación Sociocultural Muíño do Vento , de Ferrol, convoca o I Certame de Literatura Infantil e Xuvenil “Muíño do Vento” .

Os textos da presente convocatoria irán destinados ao público infantil de idades comprendidas entre os 7 e os 12 anos. A data límite para a presentación de orixinais é o 14 de decembro de 2018. Establécese un único premio dotado con 1.500 euros. O xurado fará pública a súa resolución na primeira quincena do mes de abril de 2019, e a súa decisión será inapelable. Se así o estimase, podería declarar deserto o premio. A concesión do premio leva incluída a publicación da obra por parte da editorial Bululú.

Podes consultar as bases deste premio na propia páxina da asociación.