Héctor Cajaraville gaña o X Premio de literatura infantil e xuvenil Raiña Lupa

O pasado 22 de setembro coñeceuse o gañador do premio Raíña Lupa, que outorga a Deputación da Coruña. Das 27 obras presentadas, a gañadora foi Vidas cruzadas, de Héctor Cajaraville. Este premio está dotado con 6.500 € e a publicación da obra gañadora. Noraboa, Héctor!