Entrega dos premios Xerais

O pasado sábado 20 de outubro tivo lugar no Museo do Mar de Vigo o acto de entrega dos premios que anualmente convoca Edicións Xerais de Galicia.

Este ano os galardóns recaeron en Besta do meu sangue , de Emma Pedreira (Premio Xerais de Novela); Aplicación Instantánea , de Carlos Negro (Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil); e Kusuma , de Héctor Cajaraville (Premio Merlín de Literatura Infantil).

Deixamos aquí algúns datos dos libros gañadores no eido da LIX:

XXIII Premio Merlín de Literatura Infantil , 2018 para Héctor Cajaraville (Santiago de Compostela, 1974) por Kusumahttps://www.xerais.gal/libro.php?id=5155583

X Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2018 para Carlos Negro (Lalín, 1970) por Aplicación instantáneahttps://www.xerais.gal/libro.php?id=5155227

+info : https://blog.xerais.gal/destacados/entrega-premios-xerais-2018-en-directo/

https://bretemas.gal/onte-1989/