Entrega de Premios Gala do Libro Galego 2018

O vindeiro sábado, 19 de maio, terá lugar a 3ª Gala do Libro Galego, no Teatro Principal, en Santiago de Compostela

Convocada por AELG , FLG e AGE , a Gala deste ano incorpora novidades en relación ás categorías: a anterior modalidade de literatura infantil e xuvenil dá lugar a dúas modalidades, e incorpóranse os premios á obra de divulgación, á banda deseñada e ao libro mellor editado.

En canto ás modalidades Iniciativa cultural ou de fomento da lectura, Proxecto literario na rede e Xornalismo cultural, que, anteriormente premiaban o traballo realizado no ano previo, agora pasan a recoñecer a traxectoria de varios anos, valorándose, por tanto, a constancia ao longo do tempo nestes ámbitos.

Consulta aquí todas as obras e persoas finalistas.

OBRAS EDITADAS EN 2017

Infantil

– A batalla da pequena Chañan Curi Coca , de Rosa Aneiros, ilustrado por Almudena Aparicio (Edicións Xerais de Galicia).

– Bruxa e familia , de Paula Carballeira, ilustrado por Lucía Cobo (Oqueleo).

– A señorita Bubble , de Ledicia Costas, ilustrado por Andrés Meixide (Edicións Xerais de Galicia).

– Tinta de luz , de Xosé María Álvarez Cáccamo, ilustrado por Berta Cáccamo (Chan da Pólvora Editora).

Xuvenil

– 22 segundos , de Eva Mejuto (Edicións Xerais de Galicia).

– Os arquivos secretos de Escarlatina , de Ledicia Costas, ilustrado por Víctor Rivas (Edicións Xerais de Galicia).

– Corredora , de María Reimóndez (Edicións Xerais de Galicia).

– Os nenos da varíola , de María Solar (Editorial Galaxia).

Libro ilustrado

– O branco non pinta! , ilustrado por María Brenn, de Antía Otero (Apiario).

– As estrambóticas aventuras do Barón Münchhausen , ilustrado por David Pintor (Bululú Editorial).

– A horta de Simón , ilustrado por Rocío Alejandro (Kalandraka Editora).

– Tinta de luz , ilustrado por Berta Cáccamo, de Xosé María Álvarez Cáccamo (Chan da Pólvora Editora).

Libro de banda deseñada

– Alter-Nativo , de Jorge Campos (Aira Editorial).

– O Bichero (VII) , de Luís Davila (autoedición).

– Fóra do mapa , de Emilio Fonseca (Deputación da Coruña).

– Licor café. 13 grolos da Nova banda deseñada galega , de varias-os autoras-es (Demo Editorial).

– Tonecho , de Xaquín Marín (Editorial Galaxia).

Iniciativa bibliográfica

– Anna Turbau. Galicia, 1975-1979 , Anna Turbau (Consello da Cultura Galega).

– Colección Xerais Básicos Ciencia (Edicións Xerais de Galicia).

– Colección Biblioteca de Teatro, Chévere (Kalandraka Editora).

– Mulleres bravas da nosa historia (Urco Editora).

Tradución

– A hora de espertarmos xuntos , de Kirmen Uribe, traducido por Isaac Xubín (Edicións Xerais de Galicia).

– Pippi Mediaslongas , de Astrid Lindgren, traducido por David A. Álvarez (Kalandraka Editora).

– O rapaz que nunca existiu , de Sjon, traducido por Elías Portela (Rinoceronte Editora).

– Vidas imaxinarias , de Marcel Schwob, traducido por Samuel Solleiro (Aira Editorial).

Libro mellor editado

– Alter-Nativo , de Jorge Campos (Aira Editorial).

– Baixo as mesmas nubes , de Elga Fernández Lamas (Edicións Embora).

– Camuflaxe , de Lupe Gómez (Chan da Pólvora Editora).

– Lumes , de Ismael Ramos (Apiario).

– Pippi Mediaslongas , de Astrid Lindgren (Kalandraka Editora).

PREMIOS ÁS TRAXECTORIASIniciativa cultural ou fomento da lectura

– Biblioteca Neira Vilas de Vigo.

– Chan da Pólvora (proxecto de libraría e edición).

– Clube de lectura feminista Libraría Lila de Lilith/Plataforma de Crítica Literaria A Sega.

– Viñetas desde o Atlántico.

Proxecto literario na rede

– BiosBardia , dirixida por César Lorenzo Gil, https://biosbardia.wordpress.com/

– Caderno da crítica , de Ramón Nicolás, https://cadernodacritica.wordpress.com/

– Criticalia , de Armando Requeixo, http://armandorequeixo.blogaliza.org/

– Galicia Encantada. Enciclopedia de fantasía popular de Galicia , dirixida por Antonio Reigosa, https://galiciaencantada.com/

Xornalismo cultural

– Ana Romaní

– Daniel Salgado

– Montse Dopico

– Montse Pena Presas