Convocatoria do Premio Arume de Poesía para a Infancia 2021

Fundación Xosé Neira Vilas e GÁLIX convocan neste día o Premio Arume de Poesía para a Infancia , creado no 2001 por Neira Vilas e Anisia Miranda coa finalidade de apoiar a poesía infantil.

Por outra banda, GÁLIX , que ten como unha das súas funcións a defensa e promoción da cultura e lingua galegas a través da literatura infantil e xuvenil, considera necesario estimular a presenza da poesía no sistema literario galego.

O certame de poesía conta co patrocinio de Deleite , unha empresa galega recoñecida polo seu compromiso coa lingua e coa cultura do país.

Neste Día Mundial da Poesía a Fundación Xosé Neira Vilas , GÁLIX e Deleite únense en prol da recuperación deste “ Premio Arume de Poesía para a Infancia

ACCESO ÁS BASES