Coñecemos os debuxos gañadores do Concurso Adopta un animal de conto do DILI

Xa chegou o día! A OEPLI vén de f acer público o fallo do concurso Adopta un animal de conto, iniciativa de participación organizada co gallo do Día Internacional do Libro Infantil.

Velaquí tedes os debuxos gañadores. Noraboa a todas! Axiña celebraremos a entrega de premios para vos entregar os vosos lotes de libros.

Bota un ollo ás adhesións á celebración deste día na web da OEPLI aquí. Neste descargable atoparás todas as entidades participantes no concurso.

PRIMEIROS LECTORES

Claudia Sande Bahamonde O meu gato é un poeta , de Fran Alonso (Ed. Xerais) 2º Primaria, BMP de Valdoviño (A Coruña)

LECTORES AVANZADOS

Noa Fernández Curra

Das cousas de Ramón Lamote , de Paco Martín (Ed. SM) 4º Primaria, Biblioteca Pública del Estado Antonio Odriozola (Pontevedra)

SUPERLECTORES

Nerea Tomé Regueiro

Dúas bágoas por Máquina , de Fina asalderrey. (Xerais)

1º ESO, Biblioteca Púbica Municpal Os Templarios. Cambre (A Coruña)