Grazas á vosa colaboración, as obras galegas de literatura infantil e xuvenil poden chegar máis lonxe. IBBY e OEPLI ofrécennos a axuda e a plataforma para chegar a listas de prestixio internacional, premios nacionais, feiras de literatura, etc.
Coa creación deste blog, como espazo común de difusión, gustaríanos poder contar coa colaboración de socios e socias:
Tes un blog? Vés de publicar unha novela?Es ilustrador ou ilustradora e gustaríache amosar o seu traballo?Fas crítica literaria e vés de ler algo digno de comentar?…
Ofrecémosche este espazo para saber máis de ti e do teu traballo, ao tempo que poñemos en marcha un rexistro de socios online para que a información que queirades estea máis facilmente ao alcance de actores do proceso editorial e de xente interesada.
Escríbenos a galixblog@gmail.com : traballando xuntos/as podemos chegar máis lonxe!

