Catálogo GÁLIX 2020. Libros infantís e xuvenís de Galicia

O catálogo: Libros infantís e xuvenís de Galicia 2020 , elaborado por GÁLIX, co apoio da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia recolle información sobre as obras de literatura infantil e xuvenil publicadas en Galicia durante o ano 2019.

A edición anual deste catálogo serve de presentación da LIX galega e xanela aberta ao panorama internacional a través das feiras do libro para visibilizar a imaxe de Galicia e o idioma galego no mundo editorial.

Dende Gálix non somos alleos á crise mundial na que non atopamos e somos conscientes do futuro incerto que asexa ao mundo da cultura e ao da Literatura Infantil e Xuvenil.

O documento que agora compartimos pretende ser de utilidade para todas as persoas relacionadas coa LIX, a creadoras e creadores, mediadores e profesionais da produción e difusión que nestes tempos ven dificultado o seu labor.

O novo catálogo, coa ilustración de cuberta de Manuel Uhía , está xa dispoñible nos espazos web de GÁLIX. Blog, páxina de RECURSOS

Pínterest: CATÁLOGOS GÁLIX

Padlet: CATÁLOGOS, GUÍAS E RECURSOS EN REDE