Cambios na Secretaría de IBBY

Deixa a IBBY Luzmaria Stauffenegger, unha persoa de orixe iberoamericano e de fala en español, que foi unha gran axuda para toda a OEPLI .

A mexicana Luzmaria Stauffenegger-Lobato leva moitos anos residindo en Basilea, onde colaborou como deseñadora e realizou diversas tarefas administrativas en Stauffenegger+ Stutz.

En 2008 foi voluntaria na biblioteca intercultural JUKIBU e no ano seguinte participou no panel de lectura do Fondo de libros infantís Baobab para o proxecto Fremde Welten (outros mundos). Uniuse a IBBY como asistente administrativa en xaneiro de 2011.

Nos últimos nove anos Luzmaria Stauffenegger traballou na Secretaría IBBY de Basilea.

E agora decidiu que é hora de asumir novos retos noutro traballo e comunica que deixa o secretariado da organización.

Desexámoslle moito éxito e felicidade nesta nova andaina.