Blanca Millán e Ramiro J. Peralta gañan o II Premio Alberte Quiñoi

A obra titulada As filloas da Manola , de Blanca Rodríguez Millán e Ramiro José Peralta Torres é a gañadora do II PremioAlberte Quiñoi , para obras ilustradas inéditas dirixidas ao lectorado infantil.

O galardón, convocado polo Concello da Estrada coa colaboración de Editorial Galaxia e conta co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, recibe o seu nome como homenaxe ao autor estradense Manuel García Barros.