A Bienal de Bratislava é unha prestixiosa exposición internacional de ilustracións de libros para a infancia e a xuventude, organizada polo Ministerio de Cultura da República Eslovaca, a Comisión Eslovaca da UNESCO e a Casa Internacional da Arte para Nenos, que se celebra durante os meses de setembro e outubro. Ademais da mostra de orixinais, realízase un simposio internacional de especialistas na ilustración de libros para infantís e xuvenís.
A OEPLI pode presentar como máximo 15 ilustradores, que envían orixinais de unha ou dúas obras publicadas no últimos tres anos.
GÁLIX como sección galega da OEPLI , Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil, xunto co Consejo General del Libro Infantil y Juvenil , CLIJCAT, Consell Català del Llibre Infantil i Juvenil , e Galtzagorri Elkartea , participa na selección dos 15 ilustradores que poderán participar na próxima Bienal de Bratislava , que se celebrará en outubro.
Cada ilustrador/a pode presentar un máximo de 8 ilustracións de 1 ou 2 libros, publicados en galego, nunha editorial galega (tamén se admiten autoedicións).
Condicións:
-
Cada autor/a pode presentar
como máximo 2 libros. Si se presentan por primeira vez os libros
poden estar editados nos últimos 5 anos, pero si participaron
nalgunha outra edición os libros teñen que estar publicados entre
2017 e 2019.
-
Cómpre aportar as seguintes ilustracións:1
ilustración da cuberta do libro e 3 ilustracións interiores.
-
Datos
: Nome da/o ilustradora/o. Título do libro. Nome da editorial e ano
de publicación.
As solicitudes de participación deberán enviarse a GÁLIX : galix@galix.org ou a OEPLI : oepli@oepli.org .
No marco da Bienal, un xurado internacional concede os seguintes Premios ás mellores obras: un Grand Prix cun valor de 3000 $, cinco Mazás de Ouro de 1500 $ e cinco Placas cun valor de 100 $ cada unha.





