Acto GÁLIX: Contar e debuxar o Nadal

O próximo martes, 29 de decembro, en Santiago de Compostela, celebraremos unha actividade de Nadal que contará con poñentes como Ledicia Costas e Pemón Bouzas nas súas mesas da mañá. Pola tarde, haberá un contacontos infantil con María Lado e Mig Seoane.

Xornada Contar e Debuxar o Nadal Todas as actividades serán abertas ao público e de balde.Martes, 29 de decembro.

Centro Sociocultural do Ensanche (Rúa Frei Rosendo Salvado nºs 14-16, baixo), Santiago de Compostela.

12,30 h Apertura da xornada Contar e Debuxar o Nadal. X.A. Perozo, Presidente de GÁLIX.

12,35 hO Nadal: Tópico ou oportunidade?

Ledicia Costas, escritora e Premio Nacional de Literatura

Xaime Asensi, ilustrador.

María Xesús Fernández, crítica.

Tomás González, editor (Urco Editora).

Modera: Antonio M. Fraga, escritor e membro da directiva de GÁLIX

13,20 Pausa-café

13,45 h Falemos de Experiencias

Pemón Bouzas, escritor.

María Lires, ilustradora.

Modera: Pilar Sampedro, experta en LIX e bibliotecas escolares.

14,30 h Peche da xornada.

Á tarde ( 17:30h ) haberá un contacontos infantil con María Lado e Mig Seoane: Don Acivro salva o Nadal.