Así foi a entrega de premios do concurso Andersen Hoxe en Cambre

Foto da Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia.

A semana pasada celebramos, en Cambre, a entrega de premios do concurso Andersen Hoxe, convocado pola OEPLI a través das súas seccións.

O acto de entrega tivo lugar o 15 de xuño ás 18:30h na Biblioteca Pública Municipal “Os Templarios” de Cambre.

Na web da Secretaría Xeral de Cultura podes ler a nova na que se destacan as verbas que o secretario xeral de Cultura adicou ao acto.

No Facebook do Concello de Cambre podes ver unha morea de fotos do acto, coas gañadoras e os representantes da Xunta, de GÁLIX e do Concello e a Biblioteca. Podes velas aquí.

Máis información do premio aquí . As gañadoras, aquí.