O concello da Pobra do Caramiñal , xunto coa Asociación Cultural Barbantia , convoca en 2018 o I Premio Carlos Mosteiro de literatura infantil e xuvenil, como homenaxe a este escritor que exerceu como mestre neste concello durante moitos anos.
Na segunda edición deste certame , II Premio Carlos Mosteiro de literatura infantil e xuvenil, o xurado, formado pola escritora Patricia Mallo , a vocal da Asociación Cultural BarbantiaPilar Sampedro e o director xeral da Editorial Galaxia , Francisco Castro , elexiu por unanimidade a obra titulada O enigma do baúl pechado, do escritor compostelán Xosé Antonio Neira Cruz ,que será publicada pola editorial Galaxia .
Referencias á nova na web:
Cultura Galega: http://culturagalega.gal/noticia.php?id=30066
Editorial Galaxia: http://editorialgalaxia.gal/xose-neira-cruz-gana-o-ii-premio-de-literatura-infantil-carlos-mosteiro/
Fervenzas Literarias: http://fervenzasliterarias.gal/index.php/lix/novas/xose-a-neira-cruz-gana-o-ii-premio-de-literatura-infantil-carlos-mosteiro






