ENCONTRO GALEGO DE ILUSTRACIÓN

O 16 Encontro Galego de Ilustración , organizado pola AGPI en colaboración do Concello de Santiago de Compostela e o apoio da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, celebrarase no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela, os días 27 e 28 de setembro.O obradoiro con Javirroyo realizarase na Unitaria , calzada de San Pedro e a Sesión DJ Ilustrada no Camalea , praza de San Martiño.O Encontro trae a Santiago unha escolma do máis interesante que se está a facer na Península no campo da ilustración