Día da Ilustración 2020

Cada 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao, celébrase en Galicia o Día da Ilustración , iniciativa da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia en colaboración coa Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI ), .

Esta celebración quere dar visibilidade ao labor das ilustradoras e ilustradores galegos e reivindicar o papel dos profesionais da ilustración na industria cultural.

O cartel da edición deste ano foi elaborado por Xulia Pisón .

O ilustrador homenaxeado este ano 2020 será CándidoFernández Mazas .

A Rede de Bibliotecas de Galicia organiza, no Edificio da Biblioteca e Arquivo de Galicia, a exposición ” Cándido Fernández Mazas: signos dunha quimera ” e ten previsto un completo programa de actividades para homenaxear a este autor e difundir o papel da ilustración con exposicións, obradoiros, conferencias e mesas redondas.