Hoxe, luns 4 de maio, deuse a coñecer o nome das premiadas no Hans Christian Andersen do ano 2020, que son a escritora estadounidense Jacqueline Woodson e a ilustradora Albertine de Suíza.
Este premio bianual, que se concede en vida, é o máis prestixioso do mundo en literatura infantil e xuvenil.
Para ser merecente deste galardón o IBBY debe considerar que a obra completa dun autor ou autora supón destacable contribución á literatura infantil e xuvenil.
Cada dous anos o IBBY outorga este premio nas modalidades de escrita e ilustración.
As dúas autoras foron escollidas, polas súas respectivas obras, de entre aquelas persoas previamente seleccionadas
María Cristina Ramos de Arxentina.
Bart Moeyaert de Bélxica
Marie-Aude Murail de Francia
Farhad Hassanzadeh de Irán
Peter Svetina de Eslovenia
Jacqueline Woodson de Estados Unidos.
Ilustración:





