EDUCACIÓN, XÉNERO E LECTURA. Conformar, Reformar, Transformar. Exposición no MUPEGA

Este venres, 26 de maio, ás 12:30 horas, na Sede do MUPEGA (Museo Pedagóxico de Galicia) en Santiago de Compostela. terá lugar o acto inaugural da exposición “EDUCACIÓN, XÉNERO E LECTURA” ( Conformar, Reformar, Transformar ) comisariada por Rita Gradaílle Pernas e Antón Costa Rico .

O papel que se lle apón ás mulleres nos libros de texto e parte da literatura infantil e xuvenil é o tema central desta exposición, que ficará aberta ata finais de ano.