A
Fundación Xosé Neira Vilas coa colaboración da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia convoca a 1ª edición do PREMIO XOSÉ NEIRA VILAS DE NOVELA XUVENIL , cos obxectivos de :
- Estimular
a creación literaria. - Fomentar
a lectura en lingua galega. - Proporcionar
ao público xuvenil obras de calidade que o acheguen aos mundos da
ficción e a imaxinación.
A este premio poderán presentarse:
- Obras inéditas
- Escritas en galego normativo.
- Dirixidas ao lectorado xuvenil.
- Cunha extensión entre 150.000 caracteres e 300.000 caracteres.
- O premio ten unha dotación de 6.000€.
- O prazo de presentación remata o 3 de novembro de 2024.
- A obra gañadora será publicada pola Editorial Galaxia, na súa colección Costa Oeste, en formato papel e tamén en formato dixital.
ACCESO ÁS BASES :
https://neiravilas.gal/index.php/gl/premios/premio-neira-vilas-de-literatura-xuvenil





