V Premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta

O 9 de outubro de 2020 remata o prazo para presentar orixinais á V edición do Premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta, convocado pola Fundación Xosé Neira Vilas , dirixida a obras inéditas escritas en lingua galega e destinadas a un público infantil e xuvenil.

Este premio ten como obxectivos:

  • Impulsar
    a creación literaria en galego. 
  • Fomentar
    a lectura en lingua galega. 
  • Proporcionar
    obras de referencia de calidade ao público infantil e xuvenil.

Acceso ás bases:

  • Na
    páxina de Recursos do blog de GÁLIX
  • Na
    páxina da Fundación