Polo DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL, a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX) convoca o concurso «Un poema na túa voz».
Os nosos obxectivos son:
- Incentivar a lectura do xénero poético entre o lectorado infantil e xuvenil.
- Estimular a expresión oral en lingua galega
- Contribuír á divulgación da creación poética de autoras e autores galegos.
Neste concurso premiaremos as gravacións de poemas galegos na voz de lectoras e lectores de 6 a 14 anos.
Para participar deberán enviar un audio a través da súa biblioteca escolar ou pública ou dunha librería.
Acceso á toda a documentación do concurso:
BasesFicha de datosModelo de autorización
Agradecemos a colaboración das editoras: Xerais , Galaxia , Baía Edicións , Edicións Moito Conto e OQO Editora , e tamén da Consellería de Cultura e Turismo .







