Libros infantís e xuvenís de Galicia (2023)

A publicación recolle os títulos de libros dirixidos ao lectorado infantil e xuvenil publicados en Galicia no ano 2022 que reflicten a diversidade, a creatividade, a gran produción e a permanente renovación formal e estética do sector. A ilustración de portada deste ano é da autoría de Víctor Rivas. Editado por Xunta de Galicia. Consellería de Cultura, Educación e Universidade.