A OEPLI presenta os títulos para a Lista de Honra da IBBY.
A Lista recolle de xeito bianual unha selección dos libros máis significativos de recente publicación e de grande interese e calidade propostos polas Seccións Nacionais da IBBY en tres modalidades:
escritores/as
ilustradores/as
e tradutores/as.
A escolla ten como consecuencia unha maior divulgación e coñecemento dos títulos e o aumento considerable do número de traducións e de edicións estranxeiras de libros de calidade para nenos/as.
Durante o Congreso da IBBY preséntase o catálogo e expóñense as obras. Cando remata, os libros itineran de xeito paralelo por todo o mundo en exposicións e feiras de libros.
A OEPLI, por ter máis dunha lingua oficial presenta catro libros nas modalidades de escritores/as e tradutores/as e un título para a de ilustradores/as.
A OEPLI, a través das seccións territoriais, coma GÁLIX, seleccionou os 9 títulos que se indican a seguir para a LISTA DE HONRA DA IBBY 2016:
MODALIDADE DE ESCRITORES/AS
TÍTULO AUTOR/A EDITORIAL
Trampapara un pintor Isabel Molina Santillana, 2014
Zonaprohibida David Cirici Grup 62/Fanbooks
Escarlatina,a cociñeira defunta Ledicia Costas Xerais, 2014
Orkestralurtarra Harkatiz Cano Elkar. 2014
MODALIDADE DE TRADUTORES/AS
TÍTULO TRADUTOR/A EDITORIAL
La lección de August Diego de los Santos Domingo Nube de Tinta
Quanel meu pare era un arbust Gustau Raluy/Caroline de Jong Crüilla, 2013
BisaBea, Bisa Bel Ramón Nicolás Rodríguez Galaxia, 2013
Haizeasahats artean Miren Arratibel Erein-Igela, 2013
MODALIDADE DE ILUSTRADORES/AS
TÍTULO ILUSTRADOR/A EDITORIAL
Ícaro Federico Delicado Kalandraka, 2014
Descubre máis sobre as obras presentadas clicando nos seus títulos!






