Recibimos comunicación da organización internacional na que se nos informa de que se publicou a semana pasada a lista dos 163 libros nomeados para a Lista de Honra do IBBY de 2022 , que poden verse na súa páxina web.
Cada dous anos, publícase en inglés o catálogo da Lista de Honra do IBBY que inclúe os libros publicados recentemente dos países membros do IBBY, que destacan pola calidade da escrita, da ilustración e da tradución.
Á hora de seleccionar os títulos da Lista de Honra as consideracións máis importantes son que os libros representen o mellor da literatura infantil de cada país e que se consideren, tamén, de valor universal, merecentes de seren traducidos e publicados en todo o mundo. Deste xeito, a Lista de Honra apoia o obxectivo de IBBY de fomentar o entendemento internacional a través da literatura infantil.
O noso idioma vai estar representado, nesta listaxe, por dous libros, que foron propostos por GÁLIX para formar parte deste catálogo internacional bianual:
- Unha noite no tren da Vía Láctea. En tradución de Gabriel Álvarez. Aira editorial, 2020.






