O luns comeza agosto e nós marchamos descansar un chisco, mais non sen antes vos deixar as novas de LIX dos últimos meses. Feliz verán!ENTREGA PREMIOS NACIONAIS
No mes de xuño fíxose a entrega oficial dos galardóns aos gañadores e gañadoras dos Premios Nacionais, entre os que se atopaba a Ledicia Costas. Máis información aquí e aquí .SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA
O tema da XVIII edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra será “O mundo que queremos” e Escaquis e Romeu o título do libro que se editará para a ocasión. A obra está escrita por Antonio M. Fraga e ilustrada por Jacobo Fernández Serrano. Máis información aquí , aquí e aquí .MÁIS LIX GALEGA EN IBBY EUROPE
Xa podes atopar na web de IBBY Europe algúns libros de LIX galega. GÁLIX irá enviando máis referencias para que en toda Europa chegue a nosa literatura!
ENTREVISTAS
- Entrevista a Ledicia Costasen La Voz deVigo.
- Entrevista a Anxo Fariña en Faro de Vigo.
- Entrevista a Anxo Fariña no Diario de Pontevedra.









