III Feira do Disco e Libro Galego

Este sábado 17 de marzo terá lugar en Monterroso a III Feira do Disco e Libro Galego.

Este evento une discos e libros, elementos fundamentais da difusión cultural, nun mesmo espazo co galego como lingua vehicular. Atoparedes postos para ollar, imaxinar e gozar, e teredes a posibilidade de presenciar música en directo, presentacións literarias e diferentes actividades nos espazos integrados na feira.

Unha xornada cargada de actividades gratuítas na que coñecer as atractivas propostas de numerosos expositores.

Toda a info sobre a asociación 25 Xastres e o evento aquí. / Programa completo da feira aquí. / Bases do ContoConcurso aquí.