Publicáronse este mércores, 21 de outubro, as candidaturas aos premios internacionais Astrid Lindgren Memorial Award (ALMA ), outorgado anualmente polo goberno sueco e que naceron coma homenaxe á creadora de Pippi Mediaslongas. Nestes premios recoñécese o traballo dos diversos actores que conforman o mundo do libro infantil e xuvenil.
Más dun cento de organizacións en todo o mundo presentaron candidaturas para este premio.
GÁLIX (Asociación Galega do LIbro Infantil e Xuvenil) que representa o ámbito lingüístico galego dentro do IBBY (International Board on Books for Young People), presentou as dúas candidaturas galegas que foron aceptadas e compiten agora coas de 64 países.
Presentamos a proposta de Bibliotecas escolares de Galicia en base ao seu continuado labor na transformación e actualización das bibliotecas, na promoción da lectura e na construción de lectores/as críticos/as e comprometidos/as.
Un esforzo, este, que parte da creación da Asesoría, das convocatorias do PLAMBE, Clubs de lectura, Bibliotecas Escolares Solidarias, Biblioteca Inclusiva, biblioteca Creativa, Radio na biblio…
e tamén do empeño dun profesorado innovador e implicado que traballa máis alá do seu horario, tecendo unha rede colaborativa ben orientada e sempre actualizada. Paula Carballeira é unha destacada profesional no eido da narración oral.
Unha autora polifacética de literatura infantil e xuvenil que leva publicados numerosos libros que abranguen todos os xéneros: en teatro, narrativa e poesía e album ilustrado.
Ademáis a súa obra está dirixida a todos os tramos de idade, dende prelectores ata a mocidade.
Dentro do ámbito teatral, ademais de dramaturga é directora e actriz de teatro e televisión.





