Eu son…! Un concurso de GÁLIX polo Día Internacional do Libro Infantil.

Polo DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL 2021, a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX) convoca o concurso ” Eu son…!

Co obxectivo de:

  • Incentivar a lectura de literatura infantil e xuvenil galega entre os rapaces e rapazas.
  • Familiarizar o lectorado máis novo con personaxes da Literatura Infantil e Xuvenil (LIX) galega
  • Promover a súa potencialidade expresiva
  • Contribuír á divulgación da creación de autoras e autores galegos.

Neste concurso premiaremos as gravacións de vídeos de lectoras e lectores de 6 a 14 anos representando a personaxes da literatura galega.

Para participar deberán publicar un vídeo de menos de 1 minuto , a través da súa biblioteca escolar ou pública, librería ou dende a casa, nas redes sociais mencionando o noso usario na publicación:

TikTok: en_galix

Instagram: @somosgalix

Twitter: @GALIX_

Para poder ser visualizados e valorados terán que levar os cancelos:

    #DILIGALIX2021#GALIX
E o da categoría pola que participa:

#EUSONINICIAL (lectorado inicial: 1º, 2º e 3º de Primaria)

#EUSONAVANZADO (lectorado avanzado: 4º, 5º e 6º de Primaria)

#EUSONSUPER (superlectorado: 1º e 2º de Secundaria).

BASES