Este libro encantoume (agosto 2020)

AGOSTO 2020

Recomendamos: Bicos e non balas de Antonio García Teixeiro

Poucas persoas lle teñen cantado a paz do xeito que o fai o Mestre Antonio García Teijeiro. A musicalidade dunha poesía

sempre coidada, atenta e respectuosa coa palabra, entrelaza a súa man coa forza das imaxes que é capaz de pousar na alma do lector ou lectora.

Unha antoloxía de poemas que xiran entorno a paz, que te recollen, te acollen e te transportan da primeira a derradeira páxina. Unha voz que sempre fai ben e cura almas.

Porque o mundo pode ser diferente.

Bicos e non balas.

Miguel Ángel Alonso Diz

______________________________

GÁLIX aporta cada mes unha recensión feita por algún socio para a sección Este libro encantoume da OEPLI , ao igual que o resto de seccións. Todos os meses poderás ver as recomendacións das secciónsaquí , na web da OEPLI e as de GÁLIX, ademais, no noso blog (bota un ollo na barra lateral!). Se queres colaborar coas túas recensións para esta sección, non dubides en nos contactar.