Un ano máis, a OEPLI e GÁLIX, xunto coas outras seccións, quere conmemorar ese día no maior número de poboacións e para iso convidámos ás bibliotecas públicas, bibliotecas escolares e librerías a:
- Difundir entre as nenas e nenos a mensaxe “Os libros fannos acougar”
do escritor e ilustrador Kestutis Kasparavicius que este ano
preparou a sección IBBY de Lituania.
- Organizar sesións
de contacontos, concursos, encontros con autores… ou a actividade
de promoción da lectura que se considere oportuna.
- Participar no
concurso que organizamos este ano «Selfie LIX”,
cuxas bases se achegan, escollendo unha ilustración dun personaxe ou
unha escena da literatura infantil e xuvenil galega.
➤ Descarga o díptico e a mensaxe ➤ Descarga as bases do concurso ➤ Descarga o cartel
Esta documentación pódese descargar, tamén, na web da OEPLI : www.oepli.org





