Convocatoria dos Premios Lazarillo 2021

Na entrega dos Premios Lazarillo 2020 anunciouse aconvocatoria da edición 2021 nas modalidades de “ Álbum Infantil e Xuvenil Ilustrado ” e “ Creación literaria

Este certame de Literatura Infantil e Xuvenil, o máis antigo do Estado español para o lectorado máis novo, ten a particularidade de estar aberto á participación de obras escritas en calquera das linguas do estado.

Álbum Infantil e Xuvenil Ilustrado:

  • Para obras orixinais e inéditas.
  • Destinadas ao público infantil ou xuvenil.
  • Formato máximo, DIN A-2.
  • Extensión máxima de 32 páxinas.
  • Cunha dotación de 6.000€
  • O prazo de entrega remata o 30 de novembro de 2021.

ACCESO ÁS BASES

Creación literaria:

  • Para obras orixinais e inéditas.
  • Escritas en calquera das linguas oficiais do estado.
  • En calquera xénero literario (narrativa, poesía ou teatro)
  • Destinadas ao lectorado xuvenil, a partir de 12 anos.
  • O premio ten unha dotación de 6000€.
  • O prazo de entrega remata o 30 de setembro de 2021.

ACCESO ÁS BASES