Convocatoria do Premio Anisia Miranda de Teatro para a Infancia

A Fundación Xosé Neira Vilas vén de convocar o Premio Anisia Miranda de Teatro para a Infancia que conta co apoio apoio da Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia.

  • Para obras inéditas escritas en lingua galega.
  • Que estean destinadas a un público infantil.
  • Cunha extensión máxima de 30.000 caracteres.
  • O premio ten unha dotación de 1.000 €
  • O prazo estará aberto ata o 15 de abril de 2023.
  • A entrega do premio farase o 17 de maio, Día das Letras Galegas.  ACCESO ÁS BASES