Conversa sobre Alicia no país das marabillas

Mañá, 5 de novembro, ás 18:30h, Teresa Barro, autora da tradución ao galego de Alicia no país das marabillas, conversará con Ramón Nicolás, con quen abordará o delicado proceso de tradución, cando se cumpren 150 anos da publicación do libro orixinal e 30 da tradución ao galego.

A tradución ao galego de Alicia no país das marabillas , de Lewis Carroll , feita por Teresa Barro e Fernando Pérez-Barreiro está publicada na colección Xabaril de Ouro. A tradución mereceu , en 1984, o Premio Nacional de Tradución de literatura infantil.

5 de novembro ás 18:30 na Sala Eisenman (Cidade da Cultura de Galicia)